Botafumeiro sponsorizado
A mais do 60% dos lectores de EL CORREO GALLEGO, que participaron na enquisa de fai uns días, non lles parece ben que o Cabildo da Catedral cobre por poñer en funcionamento o botafumeiro.- Ainda que os opinantes non pasaban de cento e medio, non debería desprezarse esta opinión maioritaria.
Compostela é Compostela. E non vale esgrimir que si en Sevilla ou en Burgos ou en Avila, cobran xa por entrar nas suas catedrais. Santiago é remate do Camiño, fin da peregrinaxe. O Botafumeiro e o seu incienso teñen algo de purificadores de esa andaina e todo-los que chegan, con mais ou menos fé, deben ter dereito a seren gratuitamente desinfectados e desinsectados.
Claro que, para poñer en movemento o monumental incensario, fan falla non menos de nove tiraboleiros con oficio e experencia. Non valen voluntarios nin afeccionados. Deben ser tiraboleiros profesionais, os que hay que retribuir….
Que o Cabildo tente compensar os gastos nos que incurre, parece, por outra banda, xusto e necesario.
Si eu fose empresario e a miña empresa se beneficiase dos milleiros de visitantes a esta cidade, non o dubidaría: Tentaría sponsorizar o vóo do botafumeiro, de xeito que os 365 días do ano, durante a misa das 12, funcionase, de balde, o incensario mais grande do mundo. Pero como non son empresario, confórmome con suxerir a idea e agardar a que algún ou alguns «espabilen».
Non vaia ser que o «espabilado» veña de fora, e despois teñamos que laiarnos.




No hay comentarios
Sé el primero en escribir un comentario a esta entrada.
Escribir un comentario
Si quieres añadir tu comentario a esta entrada, simplemente rellena el siguiente formulario:
* Campos requeridos
Puedes usar estas etiquetas XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>.
No hay trackbacks
Para notificar de una mención en tu blog a esta entrada, habilita la notificación automática (Opciones > Discusión en WordPress) o especifica esta url de trackback: http://www.maceira.es/botafumeiro-sponsorizado/trackback/